Batalla de Adwalton Moor

West Yorkshire

A batalla de Adwalton Moor é unha batalla da primeira guerra civil inglesa. Tivo lugar en Bradford, no condado de West Yorkshire, o 30 de xuño de 1643.

Cavendish, conde de Newcastle, comandante realista, marchaba sobre Bradford ( feudo do parlamento no norte de Inglaterra) con 10 000 homes. Fairfax, o comandante parlamentario, contaba con 3 000 ou 4 000 homes en Bradford. Con todo, a pesar de ser inferior en número, Fairfax decidiu saír ao encontro do exército realista, pois a cidade non estaba preparada para resistir un asedio. As tropas realistas impuxéronse sobre as parlamentarias.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search